Arquivada a denuncia do PP contra a estatua do Che en Oleiros

@s populares acusaban de prevaricación ao alcalde por erguer unha homenaxe ao guerrilleiro arxentino, nunha denuncia que encabezou Pablo Cobián, que tempo despois dimitiu por ser imputado na Operación Campión.

Monumento ao Che en Oleiros
photo_camera Monumento ao Che en Oleiros

A simbólica cruzada que abriu o PP na localidade coruñesa de Oleiros contra a construción dunha estatua coa efixie máis coñecida do guerrilleiro comunista Ernesto 'Che' Guevara chega ao seu punto final diante da Xustiza co arquivo definitivo do caso por parte do xuíz, que non atopa indicio ningún de posíbel prevaricación na obra, que custou uns 180.000 euros, o que o PP considerou “un despilfarro interesado”.

A construción dunha estatua do Che nunha rotonda moi transitada foi idea do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, motivada pola súa admiración pola revolución cubana. O tamén coñecido como Gelo encabeza Alternativa dos Veciños, a formación de corte populista e que en ocasións utiliza certa estética e discurso de esquerdas que dirixe desde hai lustros o consistorio de Oleiros.

A denuncia agora arquivada contra a estatua do Che foi presentada polo que hai uns anos era o líder local do PP, Pablo Cobián, que tamén era deputado autonómico pola formación de Núñez Feijóo, cargo do que dimitiu por verse implicado na Operación Campión.

Comentarios