Arias Cañete: ''Debater cunha muller é complicado, mostrar superioridade intelectual parece machista''

As declaracións do candidato do PP ("se son eu mesmo, témome, porque entraría a matar...")  xeran unha vaga de críticas e reaccións. A socialista Elena Valenciano xa lle respondeu se a súa opción pasaba por excluír as mulleres do debate.

debate2
photo_camera debate2

O candidato do PP nas eleccións do 25 de maio considera que debater cunha muller “é complicado” porque se un home amosa “superioridade intelectual ou o que sexa” dá unha impresión “machista” ante unha “muller indefensa”.

Nunha entrevista en Antena 3 Arias Cañete dixo que era consciente de que a súa contrincante no debate da quinta feira, a socialista Elena Valenciano, era unha “política profesional”. Mais, apuntou, “se debato con Rubalcaba podemos dicir todas as barbaridades mais cunha muller interprétase doutro xeito”.

Elena Valenciano xa respondeu nas redes sociais a esas palabras de Cañete. A socialista preguntou se o que procuraba Cañete era deixar ás mulleres fóra dos debates.

O contido literal das declaracións de Cañete: "Se son eu mesmo, témome, porque entraría a matar...E entón, o debate entre un home e unha muller é moi complicado, porque se fas un abuso de superioridade intelectual parece que és un machista que está acurralando a unha muller indefensa".

Comentarios