“Aquí están os antifascistas” e “Galiza non é verde”: así reacciona unha terraza de Lugo á presenza de líderes de Vox

Espinosa de los Monteros e Rocío Monasterio acudiron a cear a un local da zona vella da cidade, onde varios veciños e veciñas lles mostraron o seu rexeitamento.

Vox lugo
photo_camera Imaxe do vídeo de @migueltorron92

Espinosa de los Monteros e Rocío Monasterio están estes días por Galiza participando na campaña das eleccións galegas da súa formación, Vox.

Lugo foi unha das prazas escollidas por esta parella de líderes do partido de ultra dereita. Na Praza do Campo detivéronse para cear na terraza dun dos locais hostaleiros da zona. A súa presenza non pasou inadvertida.

De feito, desde terrazas desa praza lucense grupos de veciños e veciñas corearon diversas frases dirixidas aos dous ultras e os seus acompañantes. “Aquí están os antifascistas” foi unha. Outra, “Galiza non é verde”, en referencia ao slogan de Vox para as eleccións do 12-X ‘Galicia es verde’.

Nas redes sociais, Monasterio afirmou que ela e Espinosa de los Monteros abandonaron a terraza entre berros de “presidente, presidente”. Nas propias redes sociais aclaráronlle que eses berros eran... irónicos.  

Comentarios