Apelación do BNG á presidenta da Congreso para que levante o veto á AP9

O deputado nacionalista Luis Bará ironiza: “Agora resulta que hai dúas ameazas para a unidade de España, Catalunya e a transferencia da AP9”

en 2021, 70% do total de accidentes mortais tivo como protagonistas vehículos de máis de dez anos (Foto: Nós Diario).
photo_camera AP9

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, remitiu unha carta á presidenta do Congreso e deputada electa por Pontevedra, Ana Pastor, na que fai unha “apelación expresa” a que se levante o veto á AP9. “Diríxome a vostede tanto na súa condición de presidenta da Cámara baixa como de deputada electa pola provincia de Pontevedra, tendo en conta que é a Mesa do Congreso que vostede preside, e non o Goberno central, quen decide sobre a admisión a trámite desta Proposición de Lei, e tendo en conta tamén que foi vostede elixida polos galegos e polas galegas no convencemento de que ía defender os seus lexítimos intereses”, explica Pontón na carta.

O portavoz parlamentario de Infraestruturas, Luís Bará, informou que a decisión desta “apelación expresa” a Pastor tomase após a última mostra de “submisión” do presidente a Xunta ao Goberno central.“Agora resulta que hai dúas ameazas para a unidade de España, unha é e proceso de Catalunya e a outra a transferencia da AP9”,.

O deputado nacionalista sinala que o BNG volve poñer sobre a mesa a aplicación de sancións á multinacional e apertura das barreiras das peaxes en caso de que as colas superen o quilómetro de retención, e baixadas das tarifas polo menos nos tramos en obras.

Comentarios