Abel Caballero

O anuncio do Concello de Vigo que semella propaganda electoral

Abel Caballero recibe críticas polo “uso partidista de cartos públicos” a raíz dun anuncio promocional do Concello de Vigo aparecido na prensa local a unha semana das eleccións, e onde o alcalde aparece triunfante en primeiro plano liderando un grupo de persoas.  

publi caballero vigo
photo_camera O anuncio do Concello de Vigo

publi caballero vigoO anuncio inserido polo Concello de Vigo na prensa local recolle en gran tamaño tres fotografías do alcalde de Vigo, Abel Caballero, en posición de liderazgo. Na primeira imaxe sitúase á fronte dun grupo de persoas novas, e en dúas máis pequenas atópase no centro da atención, rodeado tamén de persoas. Este anuncio de grandes dimensións que leva por lema “Vigo, municipio deportivo”, semella máis propio de propaganda electoral. Un modo de comunicar da alcaldía de Vigo que xa foi reiteradas veces criticado pola oposición por camuflarse de propaganda.

Este feito foi denunciado polo BNG a través do seu candidato á alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, quen o cualificou de “escandaloso” por incumprir a normativa electoral. Igrexas afirmou tamén que o anuncio publicitario “teima no culto á personalidade e reduce o deporte vigués ao autobombo do goberno municipal”. Un caso que o alcaldábel do BNG denuncia como “obsceno uso partidista dos cartos públicos”.

Comentarios