Antón Sánchez representará Anova na Diada

O partido integrado en En Marea estará en Barcelona, cidade cuxo goberno local -aliado da formación liderada por Antón Sánchez- aínda non esclareceu se colaborará ou non co referendo do1-O.

Antón Sánchez
photo_camera Antón Sánchez

Anova quer mostrar coa súa presenza na manifestación do 11 de setembro nas rúas de Barcelona "o noso apoio á celebración do referendo do 1-O e ás lexítimas aspiracións de liberdade e de cambio político das forzas sociais e políticas que estes anos levan defendendo o dereito a decidir", di nun comunicado de imprensa a formación integrada en En Marea.

A delegación de Anova na Diada estará encabezada polo seu portavoz nacional, Antón Sánchez.

Anova agarda que "as presións mediáticas, xudiciais e represivas non sexan quen de impedir que os cidadáns de Cataluña poidan decidir, mediante o seu voto, cal queren que sexa o futuro do seu país".

Feijóo e o seu claro aliñamento coa Moncloa contra os direitos nacionais de Catalunya receben tamén dardos de Anova: "En recentes declaracións, o presidente da Xunta de Galiza deturpa e rebaixa a lexitimidade da institución que preside nun exercicio indigno de subordinación da administración aos intereses do Partido Popular".

comentarios