Antón Sánchez pide renunciar a posicións de parte para defender o ben común

Antón Sánchez foi reelexido como portavoz na IV Asamblea Nacional de Anova nunha lista na que Xosé Manuel Beiras ocupa o número cinco e Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, o tres.

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. (Mauro Bastón/Europa Press)
photo_camera Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. (Mauro Bastón/Europa Press)

Antes de participar na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, celebrada este sábado en Teo, Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova, xa avisaba de que era prematuro falar de pactos electorales.

Tras a conclusión da asamblea, Antón Sánchez resultou reelixido como portavoz nacional nunha lista única que contou con Beiras no número cinco e co exalcalde de Santiago Martiño Noriega no tres.

O acto, celebrado no Hotel Congreso de Teo, rematou con berros de "Independencia, independencia!" e cunha chamada do seu portavoz nacional a "renunciar a posicións de parte" para sumar, cando "o fundamental reside na defensa do ben común". "Por nós non vai quedar", afirmou.

Ás voltas coa fórmula

Precisamente, esta Asemblea Nacional celébrase en pleno debate sobre a fórmula coa que a esquerda rupturista concorrerá ás autonómicas do 2020 despois do fracaso de En Marea como plataforma. Neste sentido, o conclave de Anova contou coa presenza do portavoz adxunto de Podemos Galicia, Borja San Ramón, e o secretario de Organización de Esquerda Unida (EU), entre outros membros convidados de mareas municipalistas, EH Bildu e, mesmo, o BNG.

Antón Sánchez iniciou a súa intervención destacando que "o denominador común" entre socios políticos "é moito máis grandes que as diferenzas": "Moitas veces son en como queremos facer as cousas e como queremos lograr os obxectivos que todos compartimos".

Nesta liña, chamou a aprender "das mareas municipalistas" para botar a un Partido Popular que "se quitou a careta" e goberna comunidades e concellos "coa ultradereita" de Vox. Neste sentido, vaticinou que Feijóo precisará pactar con este partido "para seguir en San Caetano".

Papel protagonista

"Non estamos aquí para ser unha forza testemuñal nin tampouco unha forza mais do teatro da representación. (...) Estamos aquí dispostos a derrotalos e para disputarlles as hexemonías nun país que se destrúe institucionalmente", abordou.

A modo de exemplo do "desmantelamento do pouco autogoberno" que, segundo as súas palabras, dispón Galicia, Sánchez aludiu á polémica en torno ao peche do paritorio do Hospital de Verín, "unha das decisións máis criminais e de violencia institucional contra a xente" que pretende "acabar co rural".

Para "cambiar" esta situación, fixo un chamamento a "sumar a moitos e a moitas" para rematar coa "década neoliberal" de Feijóo á fronte da Xunta e, para iso, fixo súas unhas palabras de Xosé Manuel Beiras, presente entre o público: "Hai que botalos porque corrompen a idea de xustiza, a idea da democracia, porque eles mesmos están manchados de corrupción con sobres de diñeiro negro".

Comentarios