Antón Sánchez demanda unha marca de garantía para a horta galega

"Dende 2009, que chegou ao goberno Feixoo, non contamos con ningún avance nesta dirección malia as promesas de sacala adiante".
 

leituga-e-albahaca

O deputado do grupo parlamentar de En Marea, Antón Sánchez, demanda unha marca galega de garantía para o sector hortícola da Galiza. "Cando chegou o PP ao Goberno galego xa se contaba cun borrador de regulamento feito dun xeito participado do sector na época do bipartito, así que non entendemos por que desde 2009 non deixou de haber anuncios sen que se concretasen en ningunha realidade", sinalou. 

O parlamentar critica que na web da Consellería de Medio Rural se diga que “ten prevista unha estratexia de implantación de marca de calidade para a produción hortícola de Galiza mais desde hai máis de dez anos non se deron pasos nesa dirección.

Antón Sánchez botou mans dos dados do Instituto Galego de Estatística para lamentar que “as principais producións hortícolas seguen baixando, coma no caso dos feixóns, o tomate, a cebola e o repolo", que cualifica esta situación de drama e de oportunidade perdida para este país.  

Comentarios