POLÍTICA

Anova vehiculizará as súas propostas no Congreso a través de Compromís

Anova vehiculizará as súas propostas no Congreso a través de Compromís

Joan Baldoví, único deputado de Compromís nas Cortes españolas, será o encargado de trasladar as iniciativas de Anova en Madrid, segundo recolle La Voz de Galicia.

photo_camera Joan Baldoví, deputado de Compromís

Ambas as dúas formacións formalizarán publicamente o acordo esta sexta feira en Madrid. Nunha comparecencia de imprensa conxunta, Xosé Manuel Beiras  e Joan Baldoví presentarán o pacto acadado entre Anova e Compromís. 

Neste senso, Anova-Irmandade Nacionalista vehiculizará as súas iniciativas no Congeso español a través do único deputado que a coligación Bloc Nacionalista Valenciá, Iniciativa-Els Verds e Equo posúe no Parlamento español. Desta maneira, a formación liderada por X.M Beiras desmárcase de Izquierda Unida --organización coa que partilla grupo parlamentar na Galiza-- e levará ás Cortes españolas a súa voz a través de Compromís. 

Segundo recolle La Voz, a decisión de Anova viría determinada por un maior compromiso co nacionalismo [email protected] valenciás. Compromís estaría tamén a valorar a posibilidade de se sumar á frente ampla que promoven IU e a formación de Beiras.

En 2009, o Bloc Nacionalista Valenciá concorreu aos comicións ao Parlamento Europeo na candidatura Coalición por Europa impulsada por CiU, PNV, Coalición Canaria, Unió Mallorquina e o Partido Andalucista. 

comentarios