26M

Anova valora negativos os resultados do 26M e anuncia Asemblea Nacional

A formación Anova valora os resultados das eleccións municipais como “negativos porque se deu un retroceso na aposta realizada pola unidade popular”, mais considera que “aínda hai materia” para proxectar nun futuro, outra vez, “un proxecto de ruptura”.

anton sanchez
photo_camera Antón Sánchez

A coordinadora nacional de Anova avaliou en Teo como “negativos” os resultados das pasadas eleccións municipais e anunciou que iniciarán os debates de cara á súa IV Asemblea Nacional. Segundo informou o portavoz nacional, Antón Sánchez, os resultados foron cualificados polo órgano de dirección como “negativos porque se deu un retroceso na aposta realizada pola unidade popular nos concellos”  

Os resultados foron cualificados polo órgano de dirección como negativos

As causas do descenso nas urnas foron tanto externas como internas, segundo apuntou Sánchez. Por unha banda, sinalou que espazo “de ruptura” en Galiza “tivo un grande desgaste nas mareas municipalistas” con “debates estériles prolongados no tempo que xeraron frustración na sociedade”. Engadiu como factor interno o tamén “forte intento de recomposición do réxime para volver ao momento anterior do 15M”.

Sánchez lamentou que durante este mandato municipal “os gobernos da decencia” foran fortemente “asediados” no plano político, mediático e cunha “enorme criminalización” por parte dos poderes que se vían ameazados pola acción de goberno das mareas municipalistas, afirmou.

Sánchez lamentou que “os gobernos da decencia” foran “asediados” no plano políticon e mediático

 O portavoz nacional de Anova apuntou a necesidade de abrir  debates e anunciou que o partido abrirá un período de reflexión e autocrítica“non estridente” e considera que “hai materia para proxectar no futuro outra vez un proxecto de ruptura que desafíe os poderes estabelecidos”. Nese sentido, avanzou que nas vindeiras semanas iniciarán un proceso de debate no seo das asembleas territoriais de Anova de cara a celebración da IV Asemblea Nacional”. Ante a proximidade das eleccións galegas de 2020, Sánchez apuntou que a "reflexión non pode ser a golpe de convocatoria electoral", e debe de ser máis profunda para relanzar un proxecto político de ruptura.

O portavoz apuntou que a "reflexión non pode ser a golpe de convocatoria electoral"

O grupo parlamentario de En Marea

En declaracións aos medios sobre a situación do grupo parlamentario de En Marea e a súa portavocía, que ostenta Luís Villares, Sánchez afirmou que “o panorama político sufriu un cambio" e, pese a non querer pór datas, anunciou que o proceso de reflexión aberto de toma de decisión será en todos os ámbitos.

Xosé Manuel Beiras

A Coordinadora Nacional de Anova contou coa presenza do seu fundador Xosé Manuel Beiras. Após a xuntanza, Sánchez foi preguntado polo chío en que Beiras, a raíz dos malos resultados electorais de Compostela Aberta, ironizaba cunha teoría arredor da orixe de Compostela en “depósito de restos humanos en descomposición".

Sánchez insistiu en que a intención non foi faltar o respecto á cidadanía de Santiago

A ese respecto, Sánchez manifestou que o seu "traballo non é interpretar" os chíos de Beiras aínda que insistiu en que a intención non foi faltar o respecto á cidadanía de Santiago porque ese chío dirixiuse os poderes que quixeron acabar coas mareas.

Comentarios