Anova propón Martiño Noriega como nº3 pola Coruña na coalición con Galicia en Común

A Coordinadora Nacional reúnese este sábado para designar e aprobar os nomes das candidaturas. Antón Sánchez non iría nas listas.

Martiño Noriega
photo_camera Martiño Noriega

Martiño Noriega é o nome que Anova propón para situar no número tres da lista pola Coruña da coalición con Galicia en Común, cuxo candidato á Xunta é Antón Gómez-Reino (Podemos). Os nomes que ocuparán os postos pactados na alianza rexistrada a pasada sexta feira serán referendados na Coordinadora Nacional da formación.

Fontes de Anova confirmaron a Europa Press que Martiño Noriega aceptou dar este paso e situarse no número tres da lista pola Coruña. Mentres, o ex deputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello o nome que previsibelmente encabezará a lista da coalición por Lugo e falta por concretar o posto número dous para Pontevedra, para o que soa a concelleira viguesa Oriana Méndez, sen que este nome estea pechado aínda.

Desta forma, queda despexada a incógnita de quen ía ocupar o posto que Anova tiña reservado na candidatura pola Coruña e para o que a formación nacionalista barallou situar tamén ao seu portavoz nacional, Antón Sánchez.

Os dous nomes tiñan o aval para ir neste terceiro posto que Anova pactou na coalición, pero, após oito anos na vida institucional, Antón Sánchez nin sequera concorrerá na candidatura. Opta por pechar un ciclo na actividade parlamentaria, após converterse en deputado por primeira vez en 2012 coa coalición AGE --que asinaron Anova e Esquerda Unida e que irrompeu con nove deputados--, e centrarse na vida orgánica da formación nacionalista.

Comentarios