Anova arranca o 25-X cunha mesa sobre "Loitas sociais na Galiza actual"

Baixo o lema “República e ruptura”, Anova deu comezo aos actos polo 25-X, que se desenvolven en Galeras.

Palestra "Loitas sociais na Galiza actual", de Anova, en Compostela, 25 de xullo de 2021 (Foto: Antón Sánchez García).
photo_camera Palestra "Loitas sociais na Galiza actual", de Anova, en Compostela, 25 de xullo de 2021 (Foto: Antón Sánchez García).

Este 25 de xullo, Anova Irmandade Nacionalista volveu até o Parque de Galeras, en Santiago de Compostela, cun acto que se desenvolve baixo o lema “Tecendo as redes da república”. 

Nesta xornada do Día da Patria Galega contan con dúas palestras, “Loitas sociais na Galiza actual” e “Municipalismo e Cidadanía”.

O voceiro nacional de Anova, Antón Sánchez, porá o ramo ao encontro facendo “un balance deste curso político”, apuntando “as liñas de actuación dos vindeiros meses”.

Desde Anova afirman que queren “sumar vontades de cara a incorporar ideas como República, ruptura democrática e procesos constituíntes ao debate público que se está a dar na nosa nación”.

Xa no día de onte Compostela acolleu unha xornada de debate baixo o título "Unidade Popular e Procesos Constituíntes" coa asistencia de membros de Anova mais tamén doutros “espazos de ruptura” e das “nosas alianzas confederais como das esquerdas soberanistas e independentistas vascas e catalás”.

Comentarios