Anova-Ourense critica a "actitude destrutiva" de Carmen Sueiro e pide a súa expulsión

A militancia exixe a expulsión da xa deputada, de Esquerda Unida, mais declinan que se compense a representación das distintas forzas que compoñen a coligación porque "sería dificilmente explicábel á cidadanía". 

A asemblea comarcal de Anova-Ourense debateu a situación xerada após a demisión de David Fernández Calviño como deputado. Así, a militancia aprobou unha resolución --segundo publica o xornal Galicia Confidencial-- na que instan a Esquerda Unida a expulsar a Carmen Iglesias Sueiro "como xesto de distanciamento e non amparo á súa actitude destructiva e desleal coa coalición", afirman. 

Anova-Ourense rexeita equilibrar a representatividade das distitas formacións que integran AGE e aposta por ficar con 3 de 9 deputad@s

Para Anova a xa deputada "non representa os intereses" de Ourense, senón "os seus propios" polo que non cabe a súa incorporación ao grupo parlamentar da coligación. Neste senso, AGE conta até esta sexta feira con tempo para decidir se acepta ou non a Sueiro no grupo. Porén, a militancia ourensá rexeitou que o equilibrio das forzas que integran coligación se garanta coa demisión dun/ha outr@ deputad@ de Esquerda Unida pois, din, "sería dificilmente explicábel á cidadanía". 

Para @s de Beiras "sería un escándalo" e "unha fraude electoral propiciar que unha provincia quedara sen a representación obtida nas urnas e variar nos despachos a representativade dunha outra" polo que aceptarían a perda de representatividade de Anova --ficando en 3 de 9 parlamentares-- face Esquerda Unida que obtería 5 deputad@s, para alén da propia Carmen Iglesias, até o momento unicamente expedientada e ameazada coa expulsión. 

Comentarios