Elude precisar se Anova ten un candidato propio

Antón Sánchez remarca que as mareas aprobarán o sábado a metodoloxía e o calendario das primarias

"Pronto se saberá quen se apresenta a candidato da Xunta da Marea", afirmou literalmente esta sexa feira Antón Sánchez, coordenador de Anova, após remarcar que na asemblea constitutiva das mareas deste sábado en Vigo se estabelecerán "a metodoloxía e o calendario" das primarias.

Antón Sánchez, esta mañá, na sede de AGE no Parlamento de Galiza. Foto: Irene Pin
photo_camera Antón Sánchez, na sala de imprensa de AGE no Parlamento. Foto: Irene Pin

A perguntas de Sermos Galiza sobre se Anova vai apresentar un candidato propio ao proceso de primarias das mareas, Antón Sanchez apelou a que fica xa pouco tempo para "desvelar esta pergunta" e así no horizonte inmediato situou a asemblea constitutiva que van realizar as mareas este sábado en Vigo, reunión na que irán "aprobar unha metodoloxía e un calendaa Mrio de primarias tanto como candidato como para candidaturas". 

É por isto que concluíu que "entón pronto se saberá quen se presenta candidato á presidencia da Xunta da Marea". Considera daquela Sánchez que "non ten sentido" máis que "esperar a mañá a que se aprobe esa metodoloxía e ese programa".

“O único camiño para derrotar a Feijóo é sumarse á Marea Galega”

Antón Sánchez -que comparecerá perante os meios para valorar o grao de execución dos fondos europeus por parte do goberno Feijóo- afirmou que “o único camiño para derrotar a Feijóo é sumarse á Marea Galega”, en resposta á cuestión da forma en que se debe producir a confluencia con Podemos. Deste xeito, Sánchez convida a Podemos Galiza a se unir ao proxecto de unión que Anova, Esquerda Unida e as Mareas Municipais propoñen coa fundación dun partido instrumental, que -segundo algunhas fontes- podería levar o mesmo nome que a coligazón que se presentou ás eleccións estatais, onde conseguiron representación parlamentaria con 5 escanos no Congreso e 1 no Senado

Fondos europeus

Na comparecencia desta mañá, Antón Sánchez avaliou o grao de execución dos fondos europeos durante o goberno de Alberto Núñez Feijóo. Sánchez remitiuse ás cifras expostas no Informe do Consello de Contas, que aportan datos do ciclo anual de 2014. Estas cifras reflicten que non se están a aplicar todos os fondos que recibe Galiza. Sánchez puxo o foco nos fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenrolo Rexional) para mostrar que as partidas de gasto son menores ao que se recibe, cunha execución, a mediados de 2015, de 2.100 millóns de euros, cando a última partida do FEDER ascendía a 2.916 millóns.

Antón Sánchez precisou que este gasto si se asume naquelas partidas máis doadas de executar, como no caso das infraestruturas, “nas que se supera o 100% de execución”, mentres que naquelas outras que precisan máis recursos técnicos para seren implementadas, como os Fondos de Innovación Empresarial, o nivel de execución é do 51%, dun total de 300 millóns de euros.

Comentarios