Anova pide a imputación penal dos presidentes de Renfe e Adif

O feito de que ambos os dous “recoñezan que o accidente podería evitarse”, é indicativo de que estas empresas estatais teñen responsabilidade, sinala a formación

Anova considera que na propia reacción que están a ter Renfe e Adif tras o accidente ferroviario de Angrois está a mostra das súas responsabilidades no sinistro que custou a vida a 79 persoas. Ambos os dous mandatarios “recoñecen que o accidente podería evitarse”, afirma esta formación nun comunicado, Así pois, os presidentes de Adif e Renfe estarían a autodenunciarse. De aí que Anova pida a súa imputación penal.

Tal e como sinalou Xosé Manuel Beiras, ese recoñecemento é unha "Excusatio non petita, acusatio manifesta", que son unha auténtica "autodenuncia" pública dos responsábeis de Renfe e Adif.

"Como se pode criminalizar ao maquinista como se del só dependese a seguridade? E se lle dá unha lipotimia? Non hai nada previsto?" A culpa é de quen non puxo as medidas de seguridade, Renf e Adif teñen unha responsabilidade brutal, considera Beiras.

Comentarios