Anova, Esquerda Unida e Podemos presentan o seu pre-acordo político

Será na Praza de Mazarelos (Compostela) esta sexta feira ás 18h nun acto aberto no que estarán os alcaldes de Ferrol, Compostela e A Coruña. 

Podemos
photo_camera [Imaxe Podemos]

Anova, Esquerda Unida e Podemos presentarán publicamente o 2 de outubro o pre-acordo político ao que chegaron as súas direccións políticas fronte ás eleccións ás Cortes españolas. 

Así o comunicaron através das redes sociais. Será na compostelá Praza de Mazarelos ás 18 horas nun acto "aberto" no que tamén estarán presentes "outros axentes", din, "necesarios para o proceso de confluencia", embora non aclararen cales. 

O pre-acordo político alcanzado polas tres formacións foi anunciado por Martiño Noriega nunha entrevista concedida á Radio Galega. Ese mesmo día Anova esclarecía que non se trataba dun acordo electoral. "O escenario no que traballamos é un no que o protagonismo sexa partillado entre os partidos, as mareas e a cidadanía. Unha eventual candidatura unitaria ten que partir da interacción deses tres actores e non do acordo cupular entre os partidos", sinalaban fontes consultadas por Sermos Galiza

Segundo recolle Europa Press na presentación estarán Xosé Manuel Beiras (Anova) e Yolanda Díaz (EU) para alén dos alcaldes de Ferrol, Jorge Suárez, Compostela, Martiño Noriega e A Coruña, Xulio Ferreiro. 

Comentarios