Anova desmarcouse da coalición con Podemos e EU ao non ser “posíbel” acadar un “acordo entre iguais”

Así o afirma o portavoz nacional, Antón Sánchez, nunha entrevista concedida a Europa Press.

 

Antón Sánchez. 16-5-2016

A coalición na que estaban traballando Podemos, Esquerda Unida e En Marea para concorrer ás eleccións xerais non callou polo desmarque, horas antes de concluír o prazo para rexistrar coalicións para o 28A, da organización soberanista, que anunciou que non se presentaba aos comicios. Este sábado, nunha entrevista en Europa Press, Antón Sánchez afirma que non puido ser “posíbel” acadar un “acordo entre iguais”.

A posibilidade de repetir o reparto das candidaturas de 2015 e 2016, logo, non era posíbel. Daquela Anova tivo a cabeza de lista por Pontevedra e Lugo mais as outras dúas formacións non estaban dispostas a que iso seguise sendo válido para estes comicios. A cabeza de lista da Coruña continúa sendo para Podemos mais a de Pontevedra pasa ser para Esquerda Unida. Anova, pois, ficaría 'ninguneada' e sen posibilidade de ter represente eleito.

Na entrevista, Sánchez lamenta que non fose “posíbel” construír unha “fronte ampla”, apuntando ás negativas de BNG e En Marea e á decisión das candiaturas municipalistas da Coruña e Compostela de non implicarse na contenda para as eleccións xerais.

Agora, sinala, toca reflexionar e abrir unha nova etapa, que el entende que debe seguir na aposta pola “unidade popular”.

Comentarios