Anova convoca para xuño a súa primeira asembleia nacional

Será na primeira fin de semana e nela a formación que lidera Beiras e integra a Encontro irmandiño, FPG e MpB procurará unha "actualización" das súas estratexias políticas e "medidas de reforzo organizativo"


Anova-Irmandade Nacionalista convocou para a fin de semana do 8 e 9 de xuño a súa primeira asembleia nacional, que chegará após outra xuntanza de carácter "deliberante" que se realizará no mes de abril. Na asembleia, en que participarán con voz e voto todas as persoas afiliadas, que poderán facer aportacións ás teses desta formación política.

A organización que lidera Xosé Manuel Beiras constituíuse o 14 de xullo de 2012 e nela integráronse Encontro irmandiño, FPG e MpB. Após un proceso de "maduración, práctica política e aprendizaxe urxente", Anova sinala nun comunicado de imprensa que encara a asembleia "con ilusión" por ter superado as espectativas "máis ambiciosas" e na procura dunha "actualización de estratexias" e "medidas de reforzo organizativo".

Comentarios