Eleccións 5A

Anova confirma que acudirá ás eleccións do 5 de abril con "xenerosidade e altura de miras para sumar"

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. (Mauro Bastón/Europa Press)
photo_camera Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras na IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. (Mauro Bastón/Europa Press)

Anova confirma que estará presente nas eleccións do 5 de abril, sendo "leal ao legado destes anos, onde traballou desde a xenerosidade para construír unha alternativa de ruptura coas políticas lesivas do Partido Popular".

Nun comunicado difundido minutos despois de que o presidente galego anunciase a convocatoria de eleccións para o 5 de abril, Anova sinala que traballará "con xenerosidade e altura de miras para sumar.

Desta forma, e coa incógnita aínda por resolver de como o espazo político da chamada unidade popular asistirá ás eleccións, Anova confirma que estará presente nesa cita

"Estaremos presentes o 5 de abril co obxectivo de abrir a nova etapa que Galiza merece", sinalan no comunicado.

Comentarios