A Ángela Rodríguez sorpréndelle a “preocupación” de Anova por converter En Marea en partido

A deputada de En Marea e candidata á Secretaria Xeral de Podemos na Galiza, Ángela Rodríguez, considera que converter En Marea en partido, como propón Anova, implicaría “poñer o carro antes que os bois”.

marea podemos tone angela
photo_camera Á dereita, Ángela Rodríguez

Para Ángela Rodríguez o debate creador arredor da  fórmula xurídica de En Marea “é un pouco estraño”. Así o sinalou nunha entrevista concedida a RNE, emisora á que lle confesou que lle “sorprende” a “preocupación” de Anova polo asunto. Para a parlamentar, converter En Marea en partido implicaría “poñer o carro antes que os bois”.

A militante de Podemos afirmou que converter En Marea nun partido político sería “o derradeiro paso”. Engadiu que malia esta diferenza de opinións, está “de acordo”, con Xosé Manuel Beiras “no resto”.

A respeito da asistencia de Breográn Riobóo, secretario xeral “en funcións”, e García Buitrón á reunión estatal de Podemos en Madrid apuntou que entra dentro da “normalidade”. “Creo que moitas veces intentamos ver que está ocorrendo algo grave”, salientou a parlamentar de En Marea, que cualificou a reunión de “encontro natural”.

Comentarios