Un “anel de concellos nacionalistas” para impulsar o cambio na Xunta

O Cumio municipal do BNG  presenta os gobernos dos municipios nos que goberna como “o mellor escaparate” do que pode ofrecer para toda Galiza após as eleccións galegas.

photo_camera (BNG)

Compostela acolleu o Cumio municipal do BNG, unha xornada de traballo que reuniu a alcaldes, alcaldesas e responsábeis dos gobernos locais nun ano marcado pola cita electoral das galegas. O Bloque anuncia que ese “anel de concellos nacionalistas” vai traballar para conseguir “o cambio real liderado polo Bloque, tendo en conta que son a mellor carta de presentación do que a formación nacionalista poder ofrecer ao conxunto do país”.

A viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil, compareceu en rolda de prensa para explicar que “queremos visibilizar o que moitos galegos e galegas viven cada día que é este anel de concellos nacionalistas, o mellor escaparate das políticas innovadoras e transformadoras que o BNG ten para ofrecer ao conxunto do país e que, estou convencida, de que poderemos despregar en toda Galiza este 2020”.

“É urxente, e imprescindíbel desaloxar o PP da Xunta nas eleccións galegas pero tamén é fundamental que non só cambien as caras senón tamén as”, recalcou a viceportavoz parlamentaria.

Na comparecencia ante os medios, Secundino García, alcalde de San Sadurniño e portavoz na Fegamp incidiu en que “o mellor escaparate que ten o nacionalismo galego son os concellos gobernados polo BNG, é o mellor exemplo que lle podemos transmitir á cidadanía para que nas próximas eleccións galegas Ana Pontón sexa a presidenta do Goberno galego”.

Unha das cuestión tratadas no cumio municipal foi o "trato discriminatorio" que implica para os concellos galegos o actual sistema de financiamento, que se traduce en 50 euros  menos per cápita sobre a media estatal. “Que Feixóo rectifique e recorra pola vía xudicial a débeda do Estado como leva meses reclamando o Bloque parécenos positivo, pero é insuficiente porque non resolve o problema de fondo que non é outro que un modelo de financiamento que nos discrimina”, explicou Rodil.

Comentarios