Critica a falla de compromiso de Feixoo coa igualdade e a paridade

Ana Pontón advirte que "de nada vale mudar as caras se non mudan as políticas"

Na súa valoración das novas titularidades nas consellarías da Xunta, a líder nacionalista, quixo destacar o relevo en Sanidade e Educación como proba de que Feixoo "coñece o malestar que hai".
alvaroballesterosEuropaPress_3253886_candidata_bloque_nacionalista_galego_bng_xunta_galicia_ana_ponton
photo_camera Ana Pontón nunha imaxe de arquivo. / Álvaro Ballesteros

A líder da oposición, Ana Pontón, destaca dos nomeamentos feitos este mediodía polo presidente da Xunta “que cambie o conselleiro de Sanidade e a conselleira de Educación, recentemente nomeada”, e ve nese feito “o malestar que Feixoo sabe que hai tanto na sanidade coma na educación coas políticas que está a facer”.

Ana Pontón reivindicou que necesitamos “uns servizos públicos fortes” e engadiu que “de nada valen os cambios de cara se non hai cambios de políticas”. “O que ten que facer”, dixo referíndose a Feixoo, “non é só mudar iso senón os once anos de deterioro e de compromiso público.

Desde o Bloque Nacionalista Galego (BNG), non se quixo deixar pasar o “feito de que nomee dous vicepresidentes e que sexan homes”, comentou a súa portavoz. Con isto, para o nacionalismo, Feixoo demostra “até que punto lle falta compromiso coa igualdade e cunha participación paritaria das mulleres”, e engade Pontón, “desde o punto de vista de xénero e toda unha declaración de intencións”.

O BNG non quixo deixar pasar o feito de que se trate dun goberno de continuísmo “xusto no momento no que Covid-19 nos está a dicir que estamos diante dun fin de ciclo e que se necesita un novo impulso”, engade Ana Pontón.

Comentarios