Ana Pontón visita esta segunda feira a Oriol Junqueras na prisión de Llenoders

ana ponton e oriol junqueras Imaxe BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón reúnese esta segunda feira, 5 de novembro, con Oriol Junqueras na prisión de LLedorners, encontro acordado hai semanas e que dá continuidade ao mantido pola  eurodeputada, Ana Miranda no mes de setembro co propio Junqueras e Raül Romeva.

Pontón, que estará acompañada de Ana Miranda, trasladarán a Oriol Junqueras o apoio e solidariedade do BNG. Para a portavoz nacionalista, a situación de Junqueras e do resto de presos e presas políticas cataláns é produto da “profunda deriva autoritaria do Estado español”, polo que é momento, reitera, de “plartarlle cara ao neofraquismo e desenmascarar a imaxe de demócratas dos Salvinis e Bolsonaros españois”.

Para o BNG, que Junqueras, Forcadell, Romeva e o resto de políticos cataláns continúen presos, un ano despois do Referendo de independencia celebrado o 1 de outubro, constata "a incapacidade do Goberno central para buscar e acordar solucións políticas a un conflito exclusivamente político".

Comentarios