Ana Pontón Reivindica o BNG como "referente" na xestión municipal

O BNG é "forza emerxente" non só na Coruña mais tamén en toda a Galiza, manifestou a líder nacionalista nun acto esta sexta feira na Coruña.
Ana Pontón con Francisco Jorquera esta sexta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
photo_camera Ana Pontón con Francisco Jorquera esta sexta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou a súa formación como un "modelo referente na xestión municipal". Fíxoo esta sexta feira na presentación do candidato nacionalista á Alcaldía na Coruña, Francisco Jorquera.

Foi nun acto ante distintos representantes sociais nos cal Jorquera indicou que o BNG concorrerá ás eleccións municipais como "alternativa" e co obxectivo de gobernar.

"A Coruña necesita impulso e ambición", sentenciou. Ademais, na súa intervención, avanzou que agora se procederá á elaboración da candidatura "cun marcado perfil social", así como do programa do BNG para a cidade da Coruña "con diálogo da sociedade".

"O BNG é unha forza emerxente"

O BNG é "forza emerxente" non só na Coruña mais tamén en toda a Galiza, existe a percepción de que falta impulso porque non hai un proxecto claro que marque un horizonte cara ao que avanzar no noso país", manifestou Pontón ao tempo que reivindicou a necesidade da "igualdade social".

Por iso, Pontón chama “a todas as coruñesas e coruñeses a impulsar A Coruña e a facelo con nós, con Francisco Jorquera". "Impulsar unha cidade á medida das persoas seguindo a experiencia de éxito doutros gobernos municipais do BNG que son referentes internacionais", salientou a líder nacionalista".

"A Coruña ten alternativa"

A Coruña “ten unha alternativa, desde o diálogo e a humildade pero con toda a ambición de cidade”, concluíu Pontón, sinalando que o candidato da Coruña ten detrás toda a experiencia do modelo de xestión municipal do BGN, referente en Galiza.

Jorquera deixou claro que o seu obxectivo como candidato é liderar o próximo goberno municipal para darlle A Coruña o impulso que necesita. “A nosa vocación non é ser concelleiros e concelleiras doutro Executivo, senón ser a alternativa e liderar esta cidade”

Comentarios