Ana Pontón reclámalle a Feijóo a derrogación do decretazo

A nacionalista lembroulle ao presidente da Xunta que as sentenzas do TSXG poñen "ao descuberto as mentiras, manipulacións e ilegalidades" e exixiulle que cese de manipular "a realidade e o alcance" dos ditames.

A organización frontista amosouse esta quinta feira foi contundente a respecto do decreto do plurilingüismo que Alberto Núñez Feijóo teima en manter vixente. Malia o posicionamento amosado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que invalida o groso da norma e declara ilegais as consultas ás familias, o líder do executivo galego teimou en asegurar que a Xunta continuaría adiante co elas, malia a seren non vinculantes.

Neste senso, a deputada nacionalista Ana Pontón, reclamoulle ao presidente da Xunta de Galiza que cese na súa "manipulación da realidade" e asuma que as sentenzas promulgadas polo tribunal "lle dan a razón a quen cuestionaron o decreto". Así pois, Pontón exixiulle a Núñez Feijóo que derrogue o decreto e "retome o consenso en materia de lingua" do que o "punto de partida", dixo" debe ser "o respecto ao Estatuto, a Lei de normalización lingüística e o Plano xeral de normalización lingüística".

Comentarios