Ana Pontón sobre a investidura: “Seguimos negociando”

“Temos disposición ao diálogo, mais ten que haber concreción aos problemas de Galiza”, indica a portavoz nacional do BNG.

Ana Pontón nunha rolda de prensa [Imaxe: Arquivo].
photo_camera Ana Pontón [Arquivo]

“Seguimos negociando”. A portavoz nacional, Ana Pontón, dirixiuse aos medios de comunicación que agardaban ás portas da sede nacional do BNG, en Compostela, para coñecer do debate da Executiva nacionalista e o estado das conversas co PSOE sobre a investidura de Pedro Sánchez.

A negociación lévaa directamente o deputado no Congreso, Pedro Sánchez, lembrou Pontón, que incidiu en que o nacionalismo ten “disposición ao diálogo” mais que este debe ter uns “compromisos” coa “axenda galega” para que se traduza nalgún tipo de apoio.

“É importante que se constitúa un goberno”, indicou, mais este debe de partir de compromisos dar “resposta” a necesidades de Galiza. Non mencionou ningunha en concreto, mais apuntou que a presenza dun deputado do BNG no Congreso demostra que está a servir para “poñer Galiza” no debate.

Comentarios