Portavoz nacional do BNG

Ana Pontón: “Galiza estivo muda, non existiu no Congreso”

A portavoz nacional do BNG afirmou na mañá do domingo que o Bloque entenderase “con aqueles que estean dispostos sempre a defenderen antes os intereses dos galegos e galegas que os das súas direccións de Madrid”. Criticou que durante os últimos meses, Galiza estivese “desaparecida” no Congreso.

ANA PONTÓN 2
photo_camera Ana Pontón

Nunha entrevista concedida a RNE, Ana Pontón defendeu o dereito de Galiza “a decidir o seu futuro”. “Defendemos a soberanía, que significa capacidade de decidir e que non tomen outros as decisións por nós”, apuntou.

Na mesma liña, advertiu de que Galiza estivo “desaparecida” nos últimos meses no Congreso. “Cando sentaron a negociar a posibilidade dun Goberno, as alternativas para Galiza non aparecían, cando si aparecían para Catalunya”, denunciou. “Galiza estivo muda, non existiu”, insistiu a nacionalista, quen salientou que as eleccións xerais son unha oportunidade para que “recupere voz propia”.

"Imos entendernos con aqueles que estean dispostos sempre a defenderen antes os intereses dos galegos que os das súas direccións en Madrid"

Preguntada polas eleccións galegas, Ana Pontón asegurou que o Bloque se entenderá coas forzas que defendan os intereses de Galiza, “nós imos entendernos con aqueles que estean dispostos sempre a defenderen antes os intereses dos galegos que os das súas direccións en Madrid”.

E portavoz nacional do BNG puxo de manifesto que a formación nacionalista dialogará “en condicións de igualdade” e non de subordinación.

Sobre En Marea, Ana Pontón respondeu que a súa preocupación “non está nos problemas doutras formacións políticas, se non en que o nacionalismo sexa unha peza chave”.

Comentarios