Ana Pontón defende o BNG como "proxecto serio"

"Non é tempo de mirar o embigo", asegurou a candidata nacionalista nunha visita a unha explotación gandeira en Valdoviño.

Ana Pontón en Valdoviño
photo_camera [Imaxe BNG]

Ana Pontón, candidata á presidencia da Xunta polo BNG, asegurou esta sexta feira que o Bloque é un "proxecto serio" de cara ás eleccións do vindeiro 25 de setembro. 

Xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas

En declaracións aos medios de comunicación coincidindo cunha visita a unha explotación gandeira situada en Valdoviño, Pontón asegurou que "xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas" polo que a organización frontista, dixo, representa un “proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno”.

En Valdoviño a candidata nacionalista anunciou a aposta do BNG na innovación e transformación do sector lácteo galego fronte á crise que o atravesa nos últimos anos e insistiu que Galiza necesita un “plan estratéxico” que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo “meros produtores de leite a prezo low cost”.

Comentarios