A candidata do BNG á presidencia da Xunta considería “lamentábel” que a data dos comicios na Galiza viñese determinada ou ben por unha decisión do lehendakari ou ben pola intención de Feijóo de se afastar do desenvolvimente do xuízo da Gürtel, cuxo comezo está axendado para a terza feira 4 de outubro na Audiencia Nacional.
Nas últimas dúas convocatorias, 2009 e 2012, as eleccións galegas e vascas realizáronse no mesmo día.
Pontón saíu tamén ao paso das críticas verquidas onte por Feijóo sobre o proceso de confección das listas do BNG e a este respeito lembroulle que o Bloque foi a primeira forza política en aprobalas e que xa ten practicamente ultimado o programa eleitoral. “Pediríalle que se centrase nas súas responsabilidades e que deixe de difamar o BNG”, dixo.
Fixo estas declaracións nun momento en que atendeu os meios durante a visita que realizou esta sexta feira á cooperativa vitivinícola Condes de Albarei, en Cambados, dentro da rolda de contactos que está a manter cos sectores económicos, sociais e culturais do país.