Ana Pastor renuncia a entrar na batalla por liderar o PP

Renuncia a dar o paso por “responsabilidade” co seu cargo de presidenta do Congreso.

Ana Pastor_Ministerio Fomento

Ana Pastor tamén di non. A muller na que se pousaban moitas miradas no PP como posíbel ‘terceira vía’ que militantes e dirixentes do PP agardaban para non caer na guerra Soraya-Cospedal non dá o paso a liderar o PP. Anunciou que non presentará a súa candidatura debido á responsabilidade que ten polo cargo que desempeña, presidenta do Congreso, e a que é unha persoa que "cumpre os seus compromisos".

En declaracións no patio do Congreso, Pastor explicou que "moitos militantes"  pedíronlle que se presente, mais renunciou a facelo no que cualificou de decisión "libre", "voluntaria" e "intelixente”.

Mentres tanto, exministros e dirixentes do PP comezan a tomar posición na batalla polo liderato do Partido Popular. Así, Fátima Báñez e De La Serna xa explicitaron o seu apoio a Soraya Sáenz de Santamaría. De por parte, Ángel Garrido, presidente da Comunidade de Madrid, aposta en Dolores de Cospedal.

Comentarios