Ana Pastor, a candidata do PP a presidir o Congreso

Rajoy propón a ministra de Fomento en funcións após rexeitar Ciudadanos Cospedal e Fernández Díaz.

anapastor2

Ana Pastor, persoa da total confianza de Mariano Rajoy e ministra de Fomento en funcións, é a proposta do presidente español para ocupar a presidencia co Congreso. O propio Rajoy anunciou aos seus en Génova, sede do PP, a candidatura, após rexeitar Ciudadanos que o posto fose ocupado por Dolores de Cospedal ou Fernández Díaz. Para o Senado, os populares manteñen o nome de García-Escudero. Pastor naceu en Zamora mais hai anos que fixou a súa residencia en Pontevedra. É na Galiza e da man de Rajoy como comezou a facer carreira política. Deputada no Congreso durante 5 lexislaturas foi ministra de Sanidade nos gobernos de Aznar.

En base ao acordo con Ciudadanos, o PP tería dous postos na Mesa do Congreso (máis o da presidencia), o PSOE, dous, Ciudadanos outros dous e Unidos Podemos, dous. Ao igual que na Mesa constituída após as eleccións do 20D, tampouco hai representantes de forzas nacionalistas. 

Comentarios