O BNG propón á Comisión Europea que Galiza adopte o fuso horario que partilla con Irlanda e Portugal

A eurodeputada nacionalista Ana Miranda defende que Galiza debe partillar o horario de Portugal ou Irlanda e corrixir o desfase entre a hora oficial e a hora solar.

reloxios zonas horarios
photo_camera reloxios zonas horarios

A eurodeputada do BNG Ana Miranda, presentará esta segunda feira á Comisión Europea unha iniciativa co obxectivo de que Galiza teña o mesmo fuso que Portugal, Irlanda ou Canarias, tendo en conta a diferencia de case unha hora entre Fisterra e Barcelona. Desta forma, indican os ncionalistas, trasladarase unha proposta galega á Comisión, após que esta aprobase suprimir mudanza horaria.

A europarlamentar nacionalista lembra que esta proposta xa foi presentada polo BNG no Congreso español sendo deputado Francisco Jorquera e a través dunha proposición non de lei. "Galiza é un dos países do mundo con maior desfase entre a hora oficial e a denominada hora solar. Galiza xeograficamente está no fuso GMT-1, máis a hora oficial é a GMT+1 e no verán as zonas máis occidentais de Galiza chegan a ter unha diferenza de dúas horas e media a respecto da hora solar".

Ana Miranda defende que o feito de que Galiza se axuste o fuso horario e se corrixa ese desfase tería “innegables beneficios para a saúde e laborais”, fronte ao horario actual.

De por parte, o goberno español anunciou que estudará cambiar o fuso horario do Estado español de saír adiante a proposta da Comisión Europea de suprimir a mudanza horaria na UE. Unha proposta que aínda deberá aprobar o Parlamento e o Consello Europeo.

Comentarios