Ana Miranda: "É un día importante para termos unha voz galega no Parlamento europeu"

A número 1 do BNG a Bruxelas votou xa no seu colexio eleitoral, en Vigo. Animou ás galegas e aos galegos a non ficaren na casa e a iren votar "para que non gañen os de sempre e para que ninguén decida por njós".

ana votando
photo_camera ana votando

Miranda votou ás 11 da mañá no barrio vigués de Bouzas. En declaracións aos meios, dixo que este é un día "moi importante" para Galiza porque o noso país se xoga "ter unha voz galega que defenda o noso país no Parlamento europeu".

A candidata nacionalista acudiu ao colexio na compaña da portavoz do BNG no Congreso, a tamén viguesa Olaia Fernández Davila.

“Hoxe é o día da liberdade de expresión, como cidadáns e como pobo. É un día importante para a liberdade de expresión e un día importante para Galiza, porque poderemos ter unha voz galega que defenda os intereses de Galiza no Parlamento Europeo”, dixo á imprensa, para a seguir engadir: “Eu pediríalle á xente que vote pensando no seu futuro, porque as galegas e galegos xogámonos moito nestas eleccións, xogámonos poder traballar e vivir na nosa terra”, afirmou.

O que ten previsto Ana Miranda hoxe é dedicar parte do día a visitar distintas mesas eleitorais en Vigo, para saudar a militantes e simpatizantes do BNG que están a realizar funcións de apoderad@s e interventoras. Xa á tarde, hase de trasladar a Santiago, para, desde a sede nacional e na compaña d@s integrantes da dirección do BNG, acompañar a recontaxe e os resultados eleitorais.

Comentarios