Ana Miranda ataca a Feijóo: "O grande gaseiro vai para Cádiz"

Primeiro día de campaña e a candidata do BNG visita Ferrolterra. Non poupou críticas a Feijóo. Ana Miranda cualificou de "esmola" o contrato da patrulleira BAM e atacou: "O grande gaseiro vai para Cádiz".

MIRANDA EN FERROL
photo_camera Foto: Delmi Álvarez

A defensa dos sectores produtivos estratéxicos do país sempre ocupou un espazo central nos discursos do BNG. Non admira, portanto, que a número 1 nacionalista fose a Ferrol na primeira etapa da longa carreira cara ao 25-M.

En Ferrol, e diante das instalacións de Navantia, Ana Miranda acusou a Feijóo de "vender a Galiza por un prato de lentellas". "O sector naval galego quedou novamente coas migallas -dixo en alusión ao contrato do navío BAM-, mentres o bolo do pan cómeno outros -afirmou en referencia ao gaseiro para Gas Natural ao que aspiraba Ferrolterra e que finalmente se irá construír na baía de Cádiz.

A patrulleira BAM reportará a Navantia 1 millón de horas de traballo face os 5 millóns que representaría a construción do gaseiro, denunciou Miranda

Miranda cualificou a Feijóo de "cúmplice necesario" nesta "nova discriminación" para o naval galego.

A candidata nacionalista compareceu perante os meios na compaña do portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, e de membros do comité de empresa de Navantia.

A patrulleira BAM reportará a Navantia 1 millón de horas de traballo face os 5 millóns que representaría a construción do gaseiro, denunciou. Que significa isto? Que a BAM só dará tarballo "a un terzo do cadro do persoal do esteleiro", sen supor, enfatiza o BNG; "emprego algún para os máis de 5.000 traballadores e traballadoras das empresas auxiliares que están no paro neste momento.

Comentarios