Amizade con Israel chama aos deputados de AGE “talibáns con escano”

Dí que a formación de Beiras sitúa a Galiza no mapa da “Europa xenófoba”. AGE solicitara á Xunta que non contratase á cantante Noa para actuar en Galiza por ser esta unha defensora da política de Israel contra Palestina. Esta asociación ten na súa web 'dossiers' con denominacións como 'Nazis, Beiras e o BNG'

 

Aasociación Galega de Amizade con Israel (Agai) acusa a AGE de “emprender unha campaña de discriminación contra unha cantante xudea”, en referencia á petición desta formación á Xunta de que non contratase a Noa para actuar. A cantante israelí ten xustificado accións do goberno e exército sionista contra a poboación palestina.

A cantante israelí denominou “traballo” á matanza de 1400 palestinas e palestinos na Faixa de Gaza

Agai cualifica aos e ás deputadas de AGE de “talibáns con cadeira parlamentar” e que se reiteran en “obsesións patolóxicas e odios” e pregúntase por que non piden o boicote a cantantes “chinos ou marroquís”.A asociación pro-sionista pide á “sociedade galega” que asista ao conerto de Noa “como mostra de convivencia”.

Esta asociación ten elaborado 'informes' e 'dossiers' baixo títulos como Nazis, Beiras e o BNG

Comentarios