ÁNGEL GARCÍA SEOANE, ALCALDE DE OLEIROS

"Alternativa pode sacar 40 mil votos por A Coruña nas eleccións galegas"

Alternativa dos Veciños avalía a posibilidade de apresentar unha lista pola provincia de A Coruña nas próximas eleccións galegas, así o revela o seu líder -Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros- nunha entrevista que fai parte do número 192 de Sermos Galiza, na rúa desde esta quinta feira 21 de abril e na nosa loxa. Eis un avanzo da conversa.

Ángel García Seoane
photo_camera Ángel García Seoane

Nas eleccións municipais, Alternativa estendeuse por vez primeira a outros concellos. Estades pensando en facer algo semellante nas galegas?

Cando nós nos estendimos á comarca da Coruña, cando apresentamos estas catro listas [Oleiros, Arteixo, Culleredo, A Coruña], era por unha teima...eu vía que na Deputación se facían unhas políticas determinadas, eu estaba en contra delas totalmente, de dar diñeiro a dedo, repartíronse 62 millóns de euros a dedo polo señor Diego Calvo [anterior presidente da Deputación, do PP].  62 millóns de euros, que non é unha broma, todo ilegal! Eu vía que neste caso o Bloque e o PSOE tampouco denunciaban nada. Iso é o que non pode ser. Se es tes que o ser até o final. Eu estou con panos quentes na Deputación, pero se continúa así a cousa terei que desenterrar a hacha de guerra e tamén comezar a dar leña. A política ten que ser outra cousa. Por que Alternativa durou tantos anos? Porque foi coherente, porque foi seria, porque foi honrada.  E cumpriu aquelas cousas que prometeu á xente. O que non podes é dicer unhas cousas e facer outras, isto de que agora que estou no poder, pois agora desfruto eu do poder. E iso págase. Iso págase. Por tanto, hai que ser moi serios á hora de facer política.

gelo

E a nível de Galiza, o outro día na Executiva [de Alternativa dos Veciños] moitos compañeiros, ante a situación política que había e que hai, falaron de levar á Asemblea [da organización] a idea de presentarnos. A min a idea non me disgusta...

(...) Na provincia da Coruña. Nós podemos sacar 40 mil votos, 42 mil votos, na provincia, tranquilamente. Agora hai un deputado máis [na distribución provincial de escanos]. Baixou o limiar de votos para conseguir o deputado. Eu estou convencido que o saco.

Estades entón pensando seriamente en apresentar lista?

O outro día, na reunión da Executiva, fun eu o que puxen máis atrancos, porque, aínda que me gusta a idea, eu teño un dilema.  Que pesa en min? Pois que acaban de elixirnos masivamente aquí en Oleiros. Teño un compromiso coa xente que nos votou -débome ás máis de 9 mil persoas que nos votaron nas eleccións municipais-, mais tamén vexo como un reto persoal contribuír a que desde a Alternativa dos Veciños se poda romper a maioría do PP no Parlamento da Galiza. O asunto irá á nosa Asemblea.

A íntegra desta entrevista, a dupla páxina, tela no número 192 de Sermos Galiza, disponíbel nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.

Comentarios