A partir do 1 de xaneiro de 2015 a Unión Europea dá por finalizado os "compromisos" adquiridos, afirma o comisario Almunia, a respeito da construción naval civil en Navantia. O estaleiro público tivo prohibido nos últimos 30 anos este tipo de traballos, mais a partir do vindeiro ano este veto darase por rematado.
Através dunha "clarísima" resposta, segundo informou a propia europarlamentar, Lidia Senra, Almunia afirma que o veto se levantará até un máximo do "20% das vendas totais como media móbil de 3 anos" e durante un período de dez.
Neste senso, continúa o documento, "o Reino de España e Navantia xa non estarán vinculados" o que suprimirá "a limitación relativa á construción naval civil".
O anuncio de Joaquín Almunia produciuse como resposta á pregunta escrita formulada por Senra na que inquiría a Comisión polo que acontecerá co estaleiro público a partir do 1 de xaneiro de 2015 en relación co "proceso de liquidación dos estaleiros públicos" que, afirma, deveu do veto imposto pola UE.