sábado 15/08/20

A alcaldesa de Viveiro tamén reclama o aprazamento das eleccións na Mariña

María Loureiro indicou que "hai unha preocupación xeneralizada" da poboación e que moitos veciños xa lle comentaron que non exercerían o seu dereito ao voto "porque teñen medo", segundo afirmou a alcaldesa.
Viveiro, na Mariña
Viveiro, na Mariña

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, reclamou que as eleccións galegas do 12 de xullo "se apracen" debido ao brote de coronavirus que mantén pechada esta comarca cinco días. 

A rexedora considera que "sería bo aprazar as eleccións". "Non estamos nunha situación normal", sinalou, para indicar que A Mariña atópase desde a xornada desta segunda feira pechada debido ao brote de coronavirus.

Loureiro indicou que "hai unha preocupación xeneralizada" da poboación e que moitos veciños xa lle comentaron que non exercerían o seu dereito ao voto "porque teñen medo", segundo afirmou a alcaldesa.

Ademais, esta alcaldesda comentou que son moitas as persoas confinadas "1.100" que están "en corentena" e que se atopan á espera dos resultados das probas PCR. "Os positivos non poderán votar", lamentou.

"Non estamos nunha situación normal", manifestou, para ir "votar" a unhas eleccións que son "a festa da democracia", porque, segundo declarou Loureiro, "para votar hai que ir tranquilos, sen ningún tipo de preocupación" e neste caso, asegurou, "non o está habendo".

María Loureiro afirmou que se o domingo hai eleccións "a abstención crecerá" porque, segundo afirmou, "hai moita xente que pertence a grupos de risco, vulnerábeis" e, sobre todo, "hai medo". Para a alcaldesa de Viveiro hai que "aprazar as eleccións" e votar noutra "data cando pase todo isto", concluíu.

comentarios