A alcaldesa de Mugardos renuncia horas antes do debate da moción de censura

a moción de censura debatíase esta terza feira e foi presentada o pasado 25 de novembro polas 5 representantes do PP e 3 do PSdeG.
Pilar díaz Mugardos (Concello de Mugardos)
photo_camera Pilar Díaz (Concello de Mugardos)

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz (EU), presentou á primeira hora da mañá desta terza feira, 10 de decembro, no Rexistro Municipal, a súa renuncia á Alcaldía deste concello da comarca de Ferrol e a súa permanencia como edil da corporación local.

O documento, ao que tivo acceso Europa Press, presentouse horas antes de que se debata a moción de censura que presentaron o pasado 25 de novembro as 5 representantes do PP e 3 do PSdeG.

Precisamente, a principios deste mes de decembro, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurara que para non apoiar a chegada do popular Juan Domingo de Deus á Alcaldía era unha condición indispensábel que Pilar Díaz dese un paso atrás, algo que quedou agora reflectido nesta renuncia.

O Concello de Mugardos fixou para as 12,00 horas desta terza un pleno extraordinario para debater unha moción de censura co obxectivo de afastar Pilar Díaz e o seu equipo do goberno.

O pleno do Concello de Mugardos está composto por 13 concelleiros e concelleiras, do que o PP ten 5, Esquerda Unida conta con catro edil, o PSOE con tres e o BNG cun único representante, situándose este en contra da moción de censura, a través da súa asemblea.

Comentarios