28-M

A alcaldesa de Boimorto do PP mantén a súa maioría absoluta após a polémica pola súa vacinación contra a Covid

Así, María Jesús Novo continuará á fronte do consistorio da comarca de Arzúa.
María Jesús Novo, alcaldesa de Boimorto (Foto: Europa Press).
photo_camera María Jesús Novo, alcaldesa de Boimorto (Foto: Europa Press).

A alcaldesa de Boimorto (comarca de Arzúa), María Jesús Novo (PP), renovou a súa maioría absoluta ao conseguir seis edís polos tres do PSOE e os dous do BNG.

Así, María Jesús Novo continuará á fronte do consistorio da comarca de Arzúa tras un mandato no que se viu envolvida nunha polémica por recibir unha dose da vacina contra o Covid-19 nunha residencia de maiores de titularidade municipal sen formar parte do seu persoal.

Tras desvelarse o caso a comezos de 2021, a rexedora abandonou a militancia do PP aínda que se mantivo á fronte do goberno local grazas ao apoio dos edís populares.

Novo encabezou novamente a candidatura do PP nestas eleccións municipais aínda que como independente.

Comentarios