A alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, será a secretaria xeral do PP de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense tamén destacou a "inmensa capacidade de traballo" de Sandra Quintas.
Sandra Quintas.
photo_camera Sandra Quintas.

O candidato á presidencia do PP de Ourense, Luis Menor, avanzou que proporá no pleno do XIX Congreso Provincial Extraordinario do próximo 13 de xullo o nomeamento da alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, como nova secretaria xeral dos populares ourensáns.

Para Luis Menor, Quintas é a "persoa idónea" para o segundo posto de responsabilidade do PP ourensán, lembrando que ocupou a secretaría da xestora provincial desde a súa constitución, en novembro do ano pasado, e dirixiu as campañas electorais das autonómicas e europeas. 

O presidente da Deputación de Ourense tamén destacou a "inmensa capacidade de traballo" de Sandra Quintas, ademais de engadir entre as súas principais características "unha visión moi ampla do partido, o coñecemento que ten dos representantes populares que ocupan postos de responsabilidade". por toda a provincia, e a súa experiencia na administración galega”.

Asimismo, Luis Menor -único candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense- puxo en valor a súa condición de alcaldesa, o que "achega ese carácter municipalista, que é a base de todo o partido".

Tal e como trasladaron os populares de ourensáns  nunha nota de prensa, Sandra Quintas, agradecida pola proposta, afirmou que traballará para "consolidar" o PPdeOu como "o partido de Ourense".

Comentarios