Alcaldes socialistas concéntranse en Lugo para denunciar o "abandono do rural" pola Xunta

Alcaldes PSOE lugo rural Europa Press
photo_camera Imaxe da concentración diante da Delegación da Xunta (Europa Press)

Case todos os alcaldes socialistas da provincia de Lugo, así como a secretaria provincial do PSdeG, Patricia Otero, concentráronse ante a delegación da Xunta para denunciar o "abandono" do rural por parte do Goberno de Núñez Feixoo.

Na protesta, Otero criticou o "drástico recorte no plan viario da Xunta para os anos 2020 a 2021" e asegurou que na provincia recortáronse máis de "un millón de euros" neste tipo de axudas segundo os seus cálculos.

A líder das e dos socialistas de Lugo defendeu que "o recorte en toda Galiza desde 2016 até as anualidades de 2020 e 2021 é de 70% ". E son axuda para fixar poboación no rural, para vertebrar o territorio e chegar ás explotacións gandeiras", dixo.

"Esta lexislatura que Feixoo dixo que ía ser do rural convértese nun auténtico abandono para o mundo rural", dixo Patricia Otero, quen defendeu que estes recortes tamén se ven en "saúde" e "educación". "Están recortando profesionais e servizos nos centros de atención primaria. Xa non é só nos hospitais comarcais".

O alcalde de Castroverde, José María Arias, que exerceu de portavoz do resto de alcaldes, dixo que o que Feixoo fixo por Galiza tradúcese en " recortes e máis recortes”, así como" campañas publicitarias cada catro anos ". "Que abandone toda esta propaganda", demandou.

Finalmente, o alcalde de Castroverde chamou “á xente das cidades" a que tamén "se mobilicen".

Comentarios