Quiroga aproba, cos votos do PP, dedicar unha praza ao actual alcalde, do mesmo partido

Tanto PSdeG como BNG votaron en contra ao considerar que houbo irregularidades, xa que o proceso foi promovido por un grupo de veciños.
Julio Álvarez, alcalde de Quiroga (Foto: Concello de Quiroga).
photo_camera Julio Álvarez, alcalde de Quiroga (Foto: Concello de Quiroga).

O concello de Quiroga foi o centro dunha polémica xerada após o decorrer do pleno municipal no cal se aprobou dedicar unha praza ao actual alcalde do municipio, Julio Álvarez (PP).

A proposición saíu adiante cos votos do PP e baixo duras críticas da oposición, compostela por BNG e PSdeG.

Tanto PSdeG como BNG votaron en contra ao considerar que houbo irregularidades, xa que o proceso foi promovido por un grupo de veciños.

A polémica tamén se incrementou sendo que a iniciativa foi aceptada con só 700 sinaturas por parte da veciñanza.

"Iniciativa orquestrada desde a Alcaldía"

Xosé Manuel Fernández, concelleiro de portavoz do BNG na Corporación quiroguesa foi especialmente duro coa aprobación desta iniciativa: “Esta iniciativa foi inducida, presuntamente orquestrada, dende a propia Alcaldía”.

“Todo este proceso iniciouse na cea do PP de decembro e despois na xuntanza cos pedáneos”, indica Fernández.

O nacionalista acrecenta que o número de 700 sinaturas é “baixo” dado que o municipio conta con 2.800 persoas maiores de idade.

“O nivel de ego e as manobras da Alcaldía para contar con outra placa nun lugar público cada día son máis patéticas por parte de un alcalde que cre que a xente o quere e o admira libre e espontaneamente”, espetou Fernández.

Comentarios