Feixoo continúa a ver o PP "no centro político"

O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, foi entrevistado está mañá en Onda Cero dada a súa condición de coordinador da Convención Nacional de “rearme ideolóxico” do Partido Popular que vai ter lugar esta fin de semana en Madrid.

 

feixoo 3
photo_camera Feixoo, nun acto do PPdeG

Na entrevista foi preguntado sobre a deriva ideolóxica do partido, que nas súas palabras segue a estar “no centro político”. Afirmou que o único partido escorado é o PSOE —con “posicións populistas” e posturas "cómplices" co independentismo— e que “non existe un pensamento único no PP”.

Igualmente, descartou atoparse no mesmo punto de VOX, a quen cualificou de “ultradereita de verdade”.

Fronte a Cs e Vox, Feixoo postula o Partido Popular como “única alternativa a PSOE e Podemos”. Cre pois que na Convención Nacional han de “insistir nos nosos principios con firmeza”.

Por último, criticou a caída en 19% do investimento orzamentario en Galiza do goberno de Sánchez. "Son uns malos orzamentos para a cidadanía”, feitos, dixo, para que “Pedro Sánchez siga na Moncloa”.

Comentarios