XV Asemblea Nacional

Alberte Fernández, reelexido secretario xeral de Galiza Nova

A candidatura que encabezada á Dirección Nacional obtivo 94% dos apoios.

galiza nova asemblea nacional
photo_camera galiza nova asemblea nacional

A candidatura á Dirección Nacional de Galiza Nova que encabezaba Alberte Fernández obtivo 94% dos apoios na XV Asemblea Nacional da organización da mocidade do BNG, que este sábado tivo lugar en Compostela. Fernández foi reelexido secretario xeral de GN, que este ano 2018 fai o seu 30 aniversario.


Fortalecer o nacionalismo entre a mocidade e reforzar GN como unha ferramenta para a construción dunha Galiza soberana son algúns dos eixos marcados para os vindeiros anos, así como o de profundar nas diferentes cuestións e problemáticas que atinxen á mocidade galega, desde a loita por unha vivenda digna á situación do ensino, do mundo laboral ou a perda da lingua galega entre a xuventude.

alberte galiza nova
Os contidos dos textos a debate foron aprobados por una moi ampla maoría. O Pleno tamén aprobou o protoclo de actuación de Galiza Nova fronte agresións machistas e lgtfóbicas.

Na asemblea estiveron presentes delegacións de organizacións de Portugal, Euskal Herria e Catalunya.

A XV AN aprobou diversas resolucións, de defensa do dereito de autodeterminación, a prol da sañida de O Diario Galego, de apoio á loita dos traballadores e traballadoras de Alcoa ou do sector de elaborados do mar, de solidariedade para cos "presos políticos galegos" e doutras partes do Estado, ou a resolución a prol dunha Lei Galega de Educación, entre outras resolucións.

Ana Pontón

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou o seu discurso de peche da asemblea de Galiza Nova para instarlles a sumar máis mocidade ao nacionalismo e a ser “o motor do cambio que precisa este país”, cambio que debe empezar nas vindeiras eleccións municipais.

 “Estades a vivir unha época complexa, chea de inestabilidade e confusión. Pero hoxe igual que onte, o importante é ter principios sólidos e ideas claras. E aínda que ás veces é custoso nadar contracorrente,  merece a pena facelo. Non hai nada máis ilusionante que defender as ideas nas que unha cre”, animou Pontón. “

comentarios