Albert Rivera cancela o seu único mitin en Galiza e delega en Arrimadas

Asistirá ao funeral de Estado polos dous policías falecidos no atentado en Kabul. 

Albert Rivera


Albert Rivera non pasará por Galiza esta campaña electoral. O candidato de Ciudadanos á presidencia suspendeu a súa asistencia ao mitin que tiña programado na Coruña.

No seu lugar, Rivera asistirá ao funeral de Estado en Madrid polos dous policías falecidos no atentado contra a embaixada española en Kabul.

A portavoz de Ciudadanos no Parlamento catalán, Inés Arrimadas, substituirá ao número 1 da formación laranxa no mitin que celebrará no Palacio da Ópera na Coruña.

Ciudadanos optou por unha campaña de perfil baixo en Galiza, con repartos de propaganda a pé de rúa e sen actos políticos. Tampouco aceptaron participar dos debates electorais. Agora, no único mitin de envergadura na axenda tampouco contará co seu líder.

Comentarios