A agresión ás dunas de Barrañán chega a Comisión Europea

Maquinaria pesada danou este espazo de Arteixo, un ecosistema considerado hábitat prioritario pola UE

 

dunas de barrañán arteixo adega
photo_camera dunas de barrañán arteixo adega

Maquinaria pesada atravesou a mediados de maio as Dunas de Barrañán (Arteixo) para extraer área na praia do mesmo nome. Unha “agresión ecolóxica das administración públicas” foi obxecto dunha denuncia de Adega, que tivo coñecemento do que estaba acontecendo a través do BNG. A actuación desa maquinaria “altera por completo este ecosistema considerado hábitat prioritario pola UE, ademais, nunha área de potencial presenza da píllara das dunas”, especie protexida.

Esta “agresión” chega á Comisión Europea e vaino facer da man da eurodeputada Ana Miranda, que  reclama unha investigación sobre o recheo autorizado pola Autoridade Portuaria da Coruña

Miranda visitou a praia de Barrañán xunto ao actual deputado provincial, Xurxo Couto e anunciou que trasladará á Comisión Europea a actuación autorizada pola Autoridade Portuaria de Coruña e realizada o pasado 21 de maio mediante maquinaria pesada.

“Estamos diante dun novo caso de falta de respecto á Rede Natura 2000 e o depósito de verquidos sen ter en conta as consecuencias para o medio ambiente”, dixco, e lembrou que a praia de Barrañán fai parte do Lugar de Interese Comunitario Costa da Morte (LIC).

Xurxo Couto lembrou que o BNG de Arteixo rexistrou o pasado 22 de maio un escrito dirixido a Demarcación de Costas do Estado, Autoridade Portuaria da Coruña, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, ao Ministerio da Transición Ecolóxica e ao Concello de Arteixo para solicitar explicacións ante esta destrución de parte das dunas de Barrañán

Comentarios