Agora Galiza afirma que non lle é indiferente quen ocupe e en que condicións A Moncloa. Mais nun comunicado afirma que neste contexto histórico non é o eleitoral o principal campo de bgatalla que debe centra as forzas do que denomina “a esquerda patriótica”. Chama a un 'Pacto por Galiza' para recompoñer o campo do soberanismo e a esquerda “em base a umha ampla aliança dotada de um programa avançado”.
Nesta liña, sitúa Galiza “como casa comum do povo trabalhador galego”, un país que “exige quebrar com as inércias, com muitos métodos e estilos de intervençom”.