venres 17.01.2020

“Agora entramos Nós”, o tema de Caxade e Marcos Paino en apoio de Candidatura Galega

Os artistas galegos poñen o acento musical na campaña de Nós. [Canción no interior] 


Nós Candidatura Galega continúa coa súa aposta por poñer en valor o talento galego durante a campaña electoral. Alonso Caxade e Marcos Paino veñen de lanzar “Agora entramos Nós”, un tema en apoio da candidatura. 

Forma parte do material de campaña co que Nós pretende amosar “o enorme potencial da cultura galega”. En días anteriores a formación xa presentou parte destes contidos, coas viñetas de humor de Luis Dávila 'O Bicheiro' ou os vídeos deseñados pola actriz e número dous da formación pola Coruña, Isabel Risco

“Porque estamos orgullosos do noso, porque temos imaxinación, talento, artistas inmensos que valorizan a nosa cultura, a nosa lingua e a nosa forma de ser. Todo o material creativo de Nós Candidatura Galega está feito por e desde creadores galegos”, explicou o número 1 pola Coruña, Carlos Callón. 

comentarios