AGE quer unha auditoría sobre os usos do fondos europeos en Galiza

O parlamentar Xesús Ron insiste na necesidade de determinar o “uso, actividade e estado” de todos os investimentos co-financiados pola Unión Europea no noso país.

xabier ron
photo_camera xabier ron

Unha proposición non de lei defendida por Alternativa Galega de Esquerdas para exixir unha auditoría sobre o uso e estado dos fondos comunitarios en Galiza acabou no limbo das iniciativas parlamentares, nas que acaban das que non gosta o goberno. Malia ter o apoio do BNG e do PSdeG, os populares fixeron valer a súa maioría, máis unha vez. “Unha nova mostra de opacidade total da xestión e a arbitrariedade”, dixo o deputado Xesús Ron.

A proposta de AGE pedía que o parlamento instase á Xunta a realizar unha auditoría dos usos dos fondos públicos europeos. Ron incidiu na necesidade de empregar dunha maneira “racional, crítica e sustentábel” as achegas económicas da UE. Por iso, sinalou, é importante determinar o “uso, actividade e estado” de todos os investimentos cofinanciados pola Unión Europea en Galiza.

O parlamentar na sua intervención an comisión de Asuntos Europeos, puxo exemplos dio que cualificou de “décadas de mirar para outro lado e deixar facer” cos fondos comunitarios: o caso da reforestación de terras agrarias na Costa da Morte, as mini-depuradoras da Deputación de Ourense, o xuízo do delegado da Xunta en Ourense... Ron criticou o “faraonismo” e a “ausencia de investimentos produtivos” das actividades pagadas con diñeiro da UE.

Comentarios